Aplicaranse as porcentaxes e conceptos anteriores (traballo tutelado, prácticas con apoio das TIC, cartafol/dosier e resolución de problemas). A nota final será a nota media dos apartados, segundo as súas porcentaxes relativas. Conservaranse as cualificacións das partes aprobadas para a
convocatoria de xullo.
Na segunda edición (xullo) aplicaranse os mesmos criterios. Todos os detalles da estrutura do exame, as declaracións de
traballos e prácticas, o calendario de entrega, os criterios de corrección, así como as cualificacións, publicaranse na
plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumno estar atento a esta información, xa que non se facilitará por ningún
outro medio.
A participación en clase, o interese e a asistencia serán valorados segundo criterios de observación sistemática. A asistencia
presencial ás sesións teóricas e prácticas no horario establecido é obrigatoria. O seguemento da asistencia terá a seguinte puntuación:
- 100% de asistencia: 10 puntos sobre 10 para media do 10% da nota final.
- 70 - 80%: 7-8 puntos sobre 10 para a media do 10% da nota final.
- 50% de asistencia: 0 puntos para a media do 10% da nota final.
- Menos do 50% de asistencia: pérdida do dereito a avaliación.
2 - Avaliación global:
De conformidade co disposto no Regulamento de avaliación, cualificación e calidade docente e no proceso de aprendizaxe
do alumnado, o estudante que non opte pola modalidade de avaliación continua terá dereito a unha proba global nas datas
que determine a Facultade. Será unha única proba que permitirá ao alumnado cualificar entre 0 e 10, igual que na
avaliación continua.
Esta posibilidade deberá ser solicitada expresamente polo estudante, con antelación e cos trámites que determine o Decano
da Facultade, e suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas pola modalidade de avaliación continua.
O devandito procedemento pódese consultar na plataforma MOOVI. Non se admitirán solicitudes transcorrido o prazo establecido e, unha vez recoñecido o dereito, non se poderá desistir do mesmo.
As probas realizaranse na data e hora oficialmente establecidas pola Facultade. Como norma xeral, a duración desta proba
oficial é de dúas horas. Para a avaliación global, cada alumno necesitará 3 horas adicionais (5 desde o inicio da proba) para
realizala. Constará do seguinte:
1o - Exame teórico (30% da nota). Será similar á da modalidade de avaliación continua, polo que é aplicable o que se
explica no apartado de Exame de preguntas de desenvolvemento do epígrafe de Avaliación da guía.
2o - Traballo final (40% da nota). Tamén será similar á proposta na avaliación continua. O alumno entregarao o día da
proba final de avaliación dun ou varios traballos finais.
3o - Prácticas (30% da nota). Realización dunha proba de carácter práctico empregando os medios e espacios da Facultade.
Esta proba realizarase despois do exame teórico e terá unha duración máxima de 3 horas.
A nota final será a nota media das 3 partes, segundo as súas correspondentes porcentaxes. Conservarase a cualificación
das partes aprobadas para a edición de xullo.
Na segunda edición (xullo) aplicaranse os mesmos criterios.
Todos os detalles da estrutura do exame, as declaracións de traballos e prácticas, o calendario de entrega, os criterios de corrección, así como as cualificacións, publicaranse na plataforma MOOVI.
Será responsabilidade do alumno estar atento a esta información, xa que non se facilitará por ningún outro medio. Calquera
aspecto non previsto nesta guía resolverase en función do citado Regulamento de avaliación, cualificación e calidade
da ensinanza e do proceso de aprendizaxe do alumnado.
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565