Guia docente 2026_27
Facultad de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Comunicación: Imaxe corporativa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento O exame final consistirá en casos prácticos como os realizados nas clases ao longo da materia. Para cada un deles formularanse dúas preguntas que combinan a parte teórica coa práctica. 40 A2
A3
B3
C9
C11
C14
D3
Estudo de casos Análise, interpretación e estudo de problemas e necesidades comunicativas 40 A2
A3
B3
C9
C11
C14
D3
Cartafol/dossier autoavaliación da aprendizaxe durante o curso e propostas para desenvolvemento da imaxe profesional persoal 20 A2
A3
C11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA CONVOCATORIA

AVALIACIÓN CONTINUA

A través de actividades individuais e grupais, análise de casos reais e un proxecto de imaxe en redes sociais, o estudantado desenvolverá competencias esenciais para deseñar, implementar e avaliar estratexias de comunicación organizacional.

  • Creación dun portfolio profesional a través dunha marca persoal profesionalmente viable en LinkedIn.
  • Resposta a cuestións teóricas sobre marcas, estratexias e construción social nos distintos ecosistemas.
  • Resolución de casos prácticos e toma de decisións para a comunicación de marcas.

O exame final consistirá en casos prácticos como os realizados nas clases ao longo da materia. Para cada un deles formularanse dúas preguntas que combinan a parte teórica coa práctica.

É necesario aprobar tanto a parte práctica (actividades + portfolio) como a parte teórica da materia (exame).

AVALIACIÓN GLOBAL

O alumnado deberá informar á docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continua no prazo establecido polo centro, achegando cuberto e asinado o documento habilitado para tal fin. A proba de avaliación global realizarase na data e hora fixadas polo centro no calendario oficial de exames. Esixe a comunicación previa das publicacións no portfolio en LinkedIn para presentarse á proba fixada no calendario oficial de exames da materia.

Unha vez finalizado o exame teórico, o alumnado deberá asistir a unha aula de prácticas coa docente para realizar actividades prácticas similares ás que realizaron os estudantes de avaliación continua.

O exame final consistirá en casos prácticos como os realizados nas clases ao longo da materia. Para cada un deles formularanse dúas preguntas que combinan a parte teórica coa práctica.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000