Guia docente 2018_19
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Empresa: Fundamentos de organización e xestión empresarial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballos de aula Co obxectivo de incentivar o traballo regular e continuo do alumno no desenvolvemento da materia, valorarase, mediante unha observación cuantificada, a asistencia e participación activa nas sesións prácticas.
A puntuación total deste epígrafe (1 punto) divídese entre o número total de sesións efectivas que se desenvolvan.
20
CB1
CG3
CE10
CE14
CE15
CT2
CT3
CT5
CT6
Seminario O traballo tutelado, cuxa realización será en grupo, versará sobre o desenvolvemento dun novo produto. A nota que obteña cada alumno neste epígrafe será a nota do traballo grupal que se poderá ver modificada pola súa participación tanto no traballo como nos seminarios.
Tanto a conformación dos grupos como o tipo de empresa serán determinados na primeira sesión de seminario (segundo calendario oficial) baixo a supervisión do docente.
Aqueles alumnos que non acudan á primeira sesión de seminario, terán de prazo ata
segunda sesión para unirse a un grupo, sempre previa aceptación por parte do docente.
Aqueles alumnos que chegada esta segunda sesión (segundo calendario oficial) non estean incluídos en ningún grupo non terán dereito a realizar o traballo, non contemplándose en este caso
ningunha actividade compensatoria.
A asistencia aos seminarios é OBRIGATORIA polo que para poder obter a puntuación
do traballo un alumno debe asistir como mínimo ao 80% das sesións.
20
CG3
CE10
CE14
CT2
CT3
CT5
CT6
Práctica de laboratorio Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade suscitada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da asignatura. Para iso utilizaranse as TICs.
Non se admitirá ningún exercicio entregado fóra de prazo nin enviado noutro medio que non sexa a través da plataforma FAITIC.
60
CG3
CE10
CE14
CE15
CT2
CT5
CT6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Esta materia impártese en réxime PRESENCIAL polo que os alumnos deben asistir ás sesións teóricas e prácticas no horario establecido polo centro. Isto supón que o único sistema de avaliación é o contemplado nesta guía. O sistema de avaliación da materia apóiase en tres elementos:

a) Superación da parte práctica, coa realización das actividades programadas. (4 puntos).

b) Superación da parte teórica, mediante un exame escrito que se realizará na data sinalada polo centro. (6 puntos)

c) A asistencia e participación do alumnado nas clases teóricas e prácticas.

É requisito indispensable para sumar a parte práctica polo menos sacar un equivalente de 4 sobre 10 puntos no exame teórico ou no caso de estar este dividido en partes en cada unha das mesmas.


CONVOCATORIA DE XULLO / EXTRAORDINARIA

1. A forma de avaliación na convocatoria de xullo e extraordinaria é a mesma que en maio.

2. Particularidades:

a) Non existe posibilidade de mellorar a nota da parte práctica para a convocatoria de xullo, xa que se trata de actividades programadas ao longo do curso.   

b) Se a materia non é superada nesta convocatoria, o alumno deberá cursala novamente adaptándose á guía docente que estea vixente no curso académico en cuestión e, por tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000