Guia docente 2019_20
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Lingua: Linguaxe publicitaria en galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas O profesor especificará as actividades prácticas que son avaliables. Valorarase a realización e resolución dos exercicios programados. 20
CG3
CE2
CE5
Traballo tutelado Valorarase o proceso e o resultado final da investigación ou traballo tutelado levado a cabo durante o curso. Terase en conta a forma e presentación externa (grafismo, ilustracións), a organización, as fontes e referencias usadas, a calidade dos argumentos e o coidado da lingua. 30
CB4
CE2
CT1
Presentación Valorarase a presentación na aula do traballo tutelado ou proxecto elaborado en grupos de tres persoas. 10
CB1
CB4
CE2
CE5
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba que avalían o coñecemento da materia. Inclúen preguntas abertas sobre un tema lingüístico e cuestións máis concretas de gramática e estilo. Os estudantes deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar o aprendido nunha resposta argumentada. 30
CB1
CG3
CE2
CE5
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado 10
CB4
CE5
CT1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua a través do seguimento das lecturas, titorías e traballos realizados ao longo do curso.

Avaliación global do proceso de aprendizaxe e adquisición de competencias e coñecementos a través dunha proba presencial.

Avaliación baseada na participación activa do alumno e na entrega dos traballos e exercicios que se requiriron ao longo do curso.

A segunda convocatoria consistirá nun exame escrito. Poderíase valorar tamén a presentación dun traballo previamente acordado co profesor.

Cualificación numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000