Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Perfís profesioanis en redes sociais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Cartafol/dossier exposición e xestión da marca profesional en redes sociais 40 A4
C19
D4
Estudo de casos análise e participación cooperativa en solucións para casos problemáticos no sector 40 C19
C23
D4
Presentación comunicación e defensa duna marca profesional viable 20 A4
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA CONVOCATORIA

AVALIACIÓN CONTÍNUA

Construción de identidade de marca e xestión da sua comunicación en redes sociais.

Selección e curación de contidos, con solucións profesionais e crítica do sector

Resolución de casos problemáticos de comunicación.

Exposición e defensa da marca profesional e suas expectativas

AVALIACIÓN GLOBAL
A presentación global na data aprobada oficialmente no calendario de exames avalía coñecementos, prácticas e competencias dixitais. Esixe a comunicación previa das publicacións recentes en web ou redes sociais así como a presentación de alomenos un caso real de problema de comunicación nun negocio coas alternativas e decisións elixidas.
O exercicio contará cunha proba de coñecemento (40%), a solución de problemas comunicativos en redes sociais (40%) e a proposta de proxectos de futuro con indicadores de viabilidade (20%).

SEGUNDA CONVOCATORIA

A presentación na data aprobada oficialmente no calendario de exames avalía coñecementos, prácticas e competencias dixitais. Esixe a comunicación previa das publicacións recentes en web ou redes sociais así como a presentación de dous casos prácticos documentados e resoltos.

O exercicio contará cunha proba de coñecemento (40%), a solución de problemas comunicativos en redes sociais (40%) e a proposta de proxectos de futuro con indicadores de viabilidade (20%).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000