Guia docente 2023_24
Facultad de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Empresa: Dirección e xestión de empresas audiovisuais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Co obxectivo de incentivar o traballo regular e continuo do alumno no desenvolvemento da materia, valorarase, mediante unha observación cuantificada, a asistencia e participación activa nas sesións prácticas.
A puntuación total deste epígrafe (1,5 punto) divídese entre o número total de sesións efectivas que se desenvolvan.
A asistencia é OBRIGATORIA polo que para poder obter a puntuación do traballo un alumno debe asistir como mínimo ao 90% das sesións
Esixirase unha puntuación mínima de cinco puntos (sobre 10) para poder facer a media co resto de items
15 B4
B6
C3
D1
D2
Traballo tutelado O traballo tutelado, cuxa realización será en grupo, versará sobre o desenvolvemento dun novo produto. A nota que obteña cada alumno/a neste epígrafe será a nota do traballo grupal que se poderá ver modificada pola súa participación tanto no traballo como nos seminarios.
Tanto a conformación dos grupos como o tipo de empresa serán determinados na primeira sesión de seminario (segundo calendario oficial) baixo a supervisión do docente.
Aqueles alumnos/as que non acudan á primeira sesión de seminario,
terán de prazo até segunda sesión para unirse a un grupo, sempre previa aceptación por parte do docente.
Aqueles alumnos/as que chegada esta segunda sesión (segundo calendario
oficial) non estean incluídos en ningún grupo non terán dereito a realizar
o traballo, non contemplándose neste caso ningunha actividade compensatoria.
A asistencia aos seminarios é OBRIGATORIA polo que para poder
obter a puntuación do traballo un alumno debe asistir como mínimo ao
90% das sesións.
Esixirase unha puntuación mínima de cinco puntos (5 sobre 10) para poder facer a media co resto de ítems
25 B4
B6
C3
D1
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Trátase dunha proba escrita orientada avaliar a aplicación dos conceptos desenvolvidos tanto nas clases prácticas e teóricas coma a través da bibliografía referenciada da materia.
Esixirase unha puntuación mínima de cinco puntos (sobre 10) para poder facer a media co resto de items
20 B4
B5
C3
D1
D2
Exame de preguntas obxectivas Exame de preguntas cortas onde avaliaranse os coñecementos, teórico e prácticos, adquiridos desenvolvemento e no contido da materia.
Esixirase unha puntuación mínima de cinco puntos (5 sobre 10) para poder facer a media co resto de items.
40 B4
B5
C3
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado ten a opción de elixir entre as modalidades de avaliación da materia: Avaliación Continua (AC) ou Avaliación Global (AG). Por defecto, asúmese que o alumnado será avaliado mediante AC e debe notificar a súa renuncia se desexa cambiar á modalidade de AG. O alumnado deberá informar ao docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continúa no prazo dun mes desde o inicio do cuatrimestre.

A AVALIACIÓN CONTINUA 

Consta de dous partes cos seus respectivos valores ponderados:

1. A superación da parte práctica que supón un 40% da nota, repartíndose a mesma en: 

    • Resolución de casos, actividades programadas e a participación nas mesmas (15%);  
    • A realización dun proxecto en grupo, a entrega nun documento e a súa exposición (25%). 

É necesaria unha puntuación de 5 sobre 10 en cada parte para superar a materia. A asistencia aos seminarios é OBRIGATORIA polo que para poder obter a puntuación desta parte o alumnado debe asistir como mínimo ao 90% das sesións.

2. Superación da parte teórica que supón un 60% da nota mediante dúas probas escritas

  • A realización dun exame de desenvolvemento durante o curso para a asimilación de coñecementos, cun peso do 20% na nota final, 
  • A realización dun exame de preguntas obxectivas que se realizará na data indicada no calendario oficial e será en 40% da nota final. 
É necesario sacar un 5 sobre 10 en cada unha das probas para poder superar la materia.

AVALIACIÓN GLOBAL:

A proba de avaliación global realizarase na data e horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial. O estudante deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas que se detallan a continuación obtendo unha cualificación mínima de 5 puntos en cada unha delas. Dada a extensión das probas o alumnado que se acolla a avaliación global deberá dispor de 3 horas para a realización das mesmas a partir da hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial.

Breve descrición das probas

Proba 1. Exame teórico. Realizarase o exame teórico previsto para a materia tanto para a avaliación global como continua ademáis dunha parte de preguntas de desenvolvemento similar o realizado durante o curso polo alumnado de AC. Será avaliado coas mesmas pautas para todo o alumnado. O exame ten un valor do 60% sobre o total da nota sendo preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas.

Proba 2.Proxecto. Facer entrega dun traballo realizado de forma individual coma o alumnado de AC. Terá un valor do 25% sobre o total da cualificación. Debe obterse unha cualificación mínima de 5 puntos para superar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. O traballo será entregado e exposto antes da data do exame. O detalle dos contidos do traballo, metodoloxías e criterios de avaliación serán os mesmos que para os estudantes de avaliación continua.

Proba 3. Actividade práctica. Facer entrega dos traballos propostos polo docente. O conxunto dos traballos ten un valor do 15% sobre o total da cualificación. Debe obterse unha cualificación mínima de 5 puntos en cada un dos traballos para superar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. Os traballos serán entregados na data e horario do exame. O detalle dos contidos dos traballos, metodoloxías e criterios de avaliación serán facilitados aos estudantes de avaliación global unha vez rematado o prazo de renuncia expresa á avaliación continua.

** SEGUNDA OPORTUNIDAD Y CONVOCATORIA FIN DE CARRERA **

O sistema de avaliación é o mesmo que na primeira oportunidade. Realízase mediante unha proba de preguntas obxectivas na data indicada no calendario oficial e valorarase a adquisición das competencias requeridas na materia. A cualificación da parte práctica conservarase en todas as convocatorias dese curso académico pero o traballo tutelado en grupo poderá ser mellorado a título individual. Con todo, se a materia non é superada neste curso académico o/a alumno/a deberá cursala novamente adaptándose á guía docente que estea vixente no curso académico, por tanto, non se conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000