Estudiantes CARNÉ DE ACREDITACIÓN DE ESTUDANTE Todo alumno debe ter no seu haber o carné de acreditación de estudante, que lle permita acceder aos distintos servizos da Universidade: préstamo de libros, acceso aulas de informática… Para conseguir este carné hai que cubrir un formulario, dispoñible na Administración e entregar unha fotografía. Se se desexa que o carné funcione ao mesmo tempo como tarxeta de débito con BSCH haberá que inserir o número de conta. SOLICITUDE DE CONTA DE CORREO: Ó ser alumno da Universidade, tes por defecto unha conta de correo. Entra en www.correoweb.uvigo.es e segue as instruccións para obter a túa conta. FICHAS PARA O PROFESORADO: Entregarase ao comezo de cada cuatrimestre unha ficha a cada profesor que levarán os datos persoais e unha foto do alumno. As fichas poderanse solicitar na Conserxería. DELEGACIÓN DE ALUMNOS Esta Delegación ten a súa sede permanente no primeiro piso. A Delegación de Alumnos está formada por todos os delegados dos distintos cursos de cada unha das tres titulacións, un Secretario e un Delegado Coordinador, escollido polos delegados para a coordinación das actividades. Este departamento ten como finalidade:
A Delegación de Alumnos tamén conta cun caixa de correo de suxerencias aberto ao uso de calquera estudante. O horario de atención aos estudantes é diariamente de 15:30 ás 16:00 horas. PROGRAMA DE BOLSAS SOCRATES-ERASMUS: Sócrates é o programa da Unión Europea para a cooperación no ámbito da educación. Socrates financia oito accións. A segunda delas é a denominada Erasmus, adicada ó ensino superior. Eramus financia, entre outras actividades, a mobilidade de estudiantes entre universidades europeas participantes no programa. As bolsas Erasmus teñen destinos tan variados como Austria, Suecia ou Italia, entre moitas outras, e, para Ciencias Sociais e da Comunicación ofértanse arredor de 30 prazas anuais para viaxar ó estranxeiro. Tel.: 34 986 813550 or 34 986 813819 Fax: 34 986 813550 E-mail: ori@uvigo.es, ori1@uvigo.es http://www.uvigo.es/relaciones/ PROGRAMA DE BOLSAS SOCRATES-ERASMUS:SICUE-SENECA é o programa de mobilidade de estudantes entre universidades españolas, lévao o servizo de alumnado. Este ano hai prazas para 25 universidades españolas. SICUE é o programa de intercambio, SENECA son as bolsas que concede o ministerio para axudar á mobilidade dos estudantes. Toda a información de SICUE está en: https://webs.uvigo.es/vicoap/vicoap1Telf de contacto 986 813 595 e-mail: alumnado01@uvigo.esToda a información de SENECA está en:https://www.uvigo.es/servicios/alumnado/index.gl.htm |
Universidade de Vigo | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 |