Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Contidos
Tema Subtema
O estudante deberá presentar no prazo de 15 días hábiles dende a data de finalización do prazo de matrícula correspondente ó segundo semestre unha Proposta de TFG.

A devandita proposta deberá incluír como mínimo:

a) Unha memoria explicativa do proxecto que se pretende realizar, que inclúa Título, antecedentes, xustificación da necesidade que se intenta cubrir ou solución ó problema plantexado, obxectivos, tecnoloxía a empregar e resultados agardados.

b) Métodos, sistemas ou ferramentas mecánicas, electrónicas o informáticas, equipamento, materiais, maquinaria ou outros recursos, previstos na realización do TFG.

c) No seu caso, soporte gráfico ou cartográfico do lugar onde se pretende realizar o TFG.

d) Tempo estimado ou cronograma para a realización do TFG.

e) Proposta de Titor/es do TFG ca aceptación provisional por parte do mesmo
.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000