Guia docente 2022_23
Escuela de Ingeniería Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Organización industrial e procesos na industria da madeira
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Introdución aos obxectivos e desenvolvemento da materia.
Lección maxistral Exposición estruturada de obxectivos, contidos teóricos e exemplificacións dos temas e subtemas que forman o programa da materia. Dita exposición realizarase na aula de maneira presencial ou a través do campus remoto. O alumnado disporá de todo o material para poder seguir as clases de forma non presencial.
Resolución de problemas Participación activa do alumnado na resolución dos problemas e/ou exercicios.
Traballo tutelado Resolución de pequenos exercicios prácticos que acompañan unha explicación teórica. Seminarios de formulación e resolución de problemas tipo con presentación oral.
Saídas de estudo Explicación "in situ" da organización e procesos industriais en industrias de carpintería e moble. A saída de prácticas planificada non se realizará no caso de docencia non presencial ou no caso de que non se permita con docencia semi-presencial. Substituirase por observación práctica de material audiovisual de procesos de fabricación de industrias da madeira (vídeos e información dixital).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000