Aprendizaxe baseado en proxectos |
O alumno por si só ou en grupos de dúas persoas deberá de elaborar e redactar un anteproxecto técnico, o que constituirá o eixe central da materia, en función dos coñecementos que se vaian adquirindo nas clases teóricas. Este traballo terá carácter semiprofesional e preferentemente será realizado sobre un caso real.
As competencias que van dende a CG-35 ata CG-42 serán tratadas no desenvolvemento do proxeto. Así como a competencia CE-22 e as de tipo CT. |
Debate |
Desenvolveranse actividades de grupos que traten de representar a esferas de actividade intervinientes en procesos de concepción, promoción, decisión e desenvolvemento de iniciativas profesionais. Así mesmo, estudaranse características de funcionamento de grupos de traballo multidisciplinares e de dirección de reunións.
As competencias CT-3; CT-8; CT-9 e CT-11 serán tratadas nos debates. |