Probas de tipo test |
Realizaranse dúas probas ao longo do curso para fixar os coñecementos adquiridos |
10 |
|
|
C18
|
|
As probas de avaliación correspondentes a "Traballos e proxectos",
así como "Probas tipo test" enmarcanse dentro das probas de avaliación continua da materia, onde o peso sobre o total da
materia supón o 25%. Todos os alumnos deberán realizar un "Exame
final", cun peso sobre a avaliación global do 75%. Será necesario
acadar unha nota mínima no examen de 4.5 puntos sobre 10, para que
se sume a nota de avaliación continua. O alumno deberá obtener unha
nota final igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a
materia. Aqueles alumnos que oficialmente
renuncien á avaliación continua, serán avaliados nun único Exame
evaluatorio final, supoñendo neste caso o 100% da puntuación. A renuncia á avaliación continua realizarase dentro do primeiro mes natural dende o comezo oficial do curso académico mediante solicitude escrita ao coordinador da materia, e acompañada do xustificante que motive a renuncia á avaliación continua. A renuncia á avaliación continua somentes se concederá nos casos de incompatibilidade laboral, por enfermidade, ou causa debidamente xustificada. |