Guia docente 2026_27
Escuela de Ingeniería Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Ecoloxía forestal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Esta é a parte central da materia, e por tanto a que ten un peso máis importante na cualificación. Para aprobar a materia as/os alumnas/os deberan obter, polo menos, o 50% da nota máxima posible nesta parte. Avaliarase no exame escrito da materia. En caso de aprobar esta parte pero ter suspendida a resolución de problemas, a nota final será suspenso, mesmo aínda que a nota media global sexa de aprobado. 40 B1
B3
C12
D4
Prácticas de laboratorio Avaliaranse, xunto coas saídas de estudo, no exame escrito da materia e/o un informe para entregar. A asistencia é obrigatoria, só se admitirá a ausencia inxustificada de 1 saída ou 1 práctica/seminario. En caso de non cumprir coa asistencia, esta parte quedará suspensa e non se avaliará o exame/informe. Se se aproba esta parte, a nota queda gardada para a segunda oportunidade, independentemente da nota obtida nas clases maxistrais, a non ser que a/o alumna/o solicite por escrito unha nova avaliación. En caso de suspenso desta parte, poderá recuperarse no exame de segunda oportunidade, renunciando á nota da primeira oportunidade. Para iso deberá informar á profesora por escrito antes do peche de actas da primeira oportunidade. En caso de cumprir coa asistencia, pero non aprobar a materia, a/o alumna/o non terá a obrigación de asistir a estas actividades en ningún dos dous cursos seguintes (independentemente de se se matricula ou non) pero terá que realizar o exame/informe. 20 B1
B2
C12
D2
D3
D7
Prácticas de campo Avaliarase no examen escrito da materia e/ou un informe para entregar de forma conxunta coas prácticas de laboratorio, seminarios e prácticas con apoio de TIC. 0 B1
B2
C12
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliaranse as actividades (problemas, cuestións, exercicios) propostos nas leccións maxistrais, e entregados durante o curso. Para aprobar a materia as/os alumnas/os deberan obter, polo menos, o 50% da nota máxima posible nesta parte e entregar polo menos o 75% das actividades propostas. Para estes exercicios non haberá posibilidade de recuperación, e a nota desta parte non se garda para cursos posteriores en caso de suspender a materia. Para estes exercicios non haberá posibilidade de recuperación, e a nota desta parte non se garda para cursos posteriores en caso de suspender a materia. Durante as horas de clase, realizaranse pequenos cuestionarios que entrarán na avaliación desta parte. 25 B1
C12
D4
D7
Traballo tutelado Avaliarase nun informe en grupo para entregar. Para este informe non haberá posibilidade de recuperación en segunda oportunidade, e a nota desta parte non se garda para cursos posteriores en caso de suspender a materia 15 B1
C12
D2
D3
D5
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En relación ás probas de avaliación, tal como recolle o Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo, o estudantado ten dereito (art. 3.10) “A ser avaliado en réxime de avaliación continua, dispoñendo como alternativa de probas de avaliación global en todas as materias e oportunidades de avaliación do curso académico”. Se o estudantado renunciou á avaliación continu, a avaliación global, farase cun exame no que se avaliarán todas as metodoloxías descritas excepto o traballo tutelado. Neste caso, a proporción da cualificación correspondente ao traballo tutelado repartirase entre os outras metodoloxías (excepto a lección maxistral).

Calendario de exames: As datas oficiais e as posibles modificacións están expostas no taboleiro oficial da EE Forestal e na web http://forestales.uvigo.es/gl/

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000