Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Materias
  Deseño de proxectos interdisciplinares
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento no que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e reponsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial.
No caso de que non se poida levar a cabo a modalidade de ensinanza presencial, haberá unha adaptación das metodoloxías docentes aos medios telemáticos.
De impartirse docencia en modalidade non presencial, a actividade docente terá lugar mediante campus remoto e utilizarase asimesmo a plataforma de teledocencia Faitic ou Moovi, sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos.
Na docencia non presencial a actividade docente desenvolverase a través do Campus Remoto e a plataforma de teledocencia Faitic ou Moovi.
Neste contexto manterase a organización da materia de forma que se siga promocionando o traballo autónomo do alumnado tanto a nivel individual como grupal.
O alumnado presentará as" tarefas suxeridas para cada sesión" e remitiraas "ao profesorado correspondente" co formato proposto e nas datas indicadas.
A través de FAITIC ou Moovi facilitaráselle ao alumnado toda a documentación adicional necesaria: actividades a realizar, materiais de estudo, calendarios de entregas e criterios de avaliación.
A atención personalizada realizarase, neste caso, de forma telématica (correo electrónico, videoconferencia, foros de FAITIC ou Moovi, ...) baixo a modalidade de concertación previa.
A avaliación continua manterase en liñas xerais segundo o disposto nesta guía docente, excepto en relación co requisito de asistencia presencial, que se adaptará ás horas presenciais que poidan ser impartidas e ás clases que se desenvolvan virtualmente de xeito síncrono no campus remoto.
O alumnado que non poida optar á avaliación continua presentará as tarefas para non asistentes que se especifiquen en Faitic ou Moovi e un traballo compensatorio global co que demostre os resultados de aprendizaxe. Fai falla obter a cualificación de aprobado en cada tarefa e traballo. A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000