Guia docente 2022_23
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Necesidades específicas de apoio educativo
 Materias
  Intervención en Necesidades Educativas dos Alumnos con Discapacidade Motriz
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Seminario Valoración da participación activa do estudante na discusión de documentos científicos, casos ou outras actividades propostas na aula 20 CB2
CG1
CG2
CE1
CE3
CT4
CT7
CT8
Traballo tutelado Avaliación dos exercicios ou proxectos realizados na aula e/ou das actividades autónomas do estudante 40 CB2
CG1
CG2
CE1
CE3
CT7
Traballo Elaboración e presentación oral e escrita de informes, por parte dos estudantes, relacionados cos contidos e/ou procedementos do módulo correspondente 40 CG1
CG4
CE1
CE4
CT4
CT7
CT8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Este máster ten a modalidade de ensino presencial, polo que a asistencia a clase e a realización dos traballos de aula son obrigatorios para a avaliación continua. Esta asistencia debe ser dun mínimo do 80% da materia. O/a estudante que falte a unha sesión deberá poñerse en contacto co/a docente para realizar a(s) tarefa(s) alternativa(s) correspondente(s) para poder continuar a avaliación continua.

Para superar a materia será necesario que os estudantes obteñan en cada proba ou actividade obxecto de avaliación como mínimo o 50% de cualificación nese apartado.

O alumnado que non poida seguir a avaliación continua realizará unha proba dos contidos da materia, na data marcada no calendario do mestrado para os exames oficiais. Os pormenores e caracterísiticas de dita proba serán concretadas polo profesorado o día da presentación da materia ou cando se faga a consulta persoalmente.

O/a estudante que non supere a avaliación da materia poderá presentarse na segunda convocatoria, no mes de xullo, na que se avaliarán as competencias non adquiridas na 1ª oportunidade.

Poden consultarse as datas oficiais de avaliación da materia na web do Mestrado no espazo "exames" e na plataforma de teledocencia.

Esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000