Guia docente 2014_15
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Pontevedra): Orientación Educativa
 Materias
  Formación Académica e Profesional
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Formación Académica e Profesional Código P02M066V06254
Titulación
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Pontevedra): Orientación Educativa
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
4 OB 1 2c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Coordinador/a
Correo-e
Profesorado
Fernández González, María Reyes
Web
Descrición xeral
O marco legal do modelo organizativo e funcional da orientación educativa no noso país queda establecido pola Lei Orgánica 2/2006 de Educación, LOE (2006). Esta Lei no seu artigo 1 apartado f), relativo aos principios da educación, “establece a orientación educativa e profesional, como medio necesario para o logro dunha formación personalizada, que priorice unha educación integral en coñecementos, destrezas e valores”

Así mesmo, no seu artigo 91.d) “establece entre as funcións do profesorado, a orientación educativa, académica e profesional do alumnado, en colaboración, no seu caso, cos servizos ou departamentos especializados. Igualmente, no artígo 22 da LOE, considérase como principio xeral aplicable á Educación Secundaria Obrigatoria a especial atención que se prestará á orientación educativa e profesional do alumnado.

Por último, no artigo 26, relativo aos principios pedagóxicos para esta etapa educativa, no seu apartado cuarto establece que “corresponde ás Administracións educativas promover as medidas necesarias para que a titoría persoal do alumnado e a orientación educativa, psicopedagóxica e profesional constitúan un elemento fundamental na ordenación desta etapa.

Entendemos a orientación educativa como un proceso de axuda e/ou acompañamento continuo a todas as persoas e en todos os aspectos, coa intención firme de potenciar o desenvolvemento integral do alumnado ao longo de toda a vida.

Bisquerra (2004) define a orientación psicopedagógica como un proceso de axuda continua, a todas as persoas, en todos os seus aspectos, cunha finalidade de prevención e desenvolvemento, mediante programas de intervención educativa e social baseados en principios científicos e filosóficos.

Baixo este concepto de orientación psicopedagóxica reúnense as distintas manifestacións da orientación. Podemos destacar:
A orientación académica é un proceso de axuda ao estudante para que sexa capaz de resolver os problemas que a vida académica lle plantexa. Polo tanto, o proceso de axuda refírese sempre a situacións de axuda en actividades escolares, e para que ao longo do seu recorrido pola escola realice eleccións de acordo cos seus intereses, capacidades e coa súa situación persoal. O tipo de axuda que a orientación escolar ofrece presenta características distintas segundo a idade e nivel do/al escolar.
A orientación profesional é un proceso de axuda ao suxeito para que sexa capaz de elexir e prepararse axeitadamente para unha profesión ou traballo determinado, implica decisión, formación e a ubicación profesional. Trata de integrar as esixencias persoais coas necesidades sociais.
A orientación persoal apunta cara a vida interior da persoa, cara a súa harmonía interior, equilibrio persoal, coñecemento de sí mesmo, sen perder as perspectivas do seu entorno.

Polo tanto, a orientación académica e profesional é unha das áreas de interese prioritario da orientación psicopedagóxica, e é moito máis que unha mera información. Trátase de preparar para a vida laboral desde o sistema educativo, facendo tomar conciencia ao alumnado de que a profesión é un aspecto significativo da vida dunha persoa. A finalidade da orientación académica e profesional é facilitar a toma de decisións de cada estudante respecto do seu itinerario académico e profesional. En última instancia, se persigue que o propio alumno/a tome as decisións; é decir, a AUTO-ORIENTACIÓN, aínda que neste proceso será moi importante o asesoramento que poida prestar o profesorado, especialmente o titor/a, así como os seus proxenitores e o orientador/a.

Os aspectos a desenvolver na orientación académico-profesional son os seguintes:
Coñecemento de sí mesmo: aptitudes, intereses, personalidade, valores, rendemento académico e estilo de aprendizaxe.
Información académica e profesional: estrutura do sistema educativo, modalidades de bacharelato, ciclos formativos, universidade, outras alternativas.
Optatividade: materias optativas e toma de decisións.
Proceso de toma de decisións: actitude, liberdade e responsabilidade, aceptar un risco de error.
Proceso de transición á vida activa: elaboración do currículum vitae e a entrevista persoal, aproximación ao mundo laboral, técnicas de busca de emprego.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000