Guia docente 2014_15
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Pontevedra): Orientación Educativa
 Materias
  Formación Académica e Profesional
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente.
A3 Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias dos respectivos ensinos, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
A7 Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sustentable.
A8 Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por se mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
A11 Desenvolver as funcións de titoría e orientación dos estudantes de maneira colexiada.
A15 Informar e asesorar ás familias achega do proceso de ensino e aprendizaxe e sobre a orientación persoal, académica e profesional dos seus fillos.
A16 Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
A25 Coñecer e aplicar recursos e estratexias de información, titoría e orientación académica e profesional.
A38 Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
B1 Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
B2 Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
B3 Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarios
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000