A asistencia regular ás clases presenciais supón ata o 50% da porcentaxe de cualificación. 1) Alumnos que teñan unha asistencia regular e non acaden o aprobado na convocatoria ordinaria: a) Entrega dos traballos que quedaron incompletos ou erróneos, realizados ao longo docurso. b) Demostrar que se teñen acadado as competencias asociadas aos contidos da materia Non se volverán a examinar os contidos xa aprobados.
2) Alumnos que non teñen acadado unha asistencia regular e non teñen superado a materia en primeira convocatoria: a) Realización de probas mediante as que se acredite o acadamento das competencias asociadas aos contidos da materia. b) Entrega de materiais, traballos ou proxectos que impliquen o cumprimento do academento destas competencias.
De non ter
superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas
serán avaliadas na convocatoria de xullo. Todo o alumnado, asista ou non as aulas, ten dereito a ser avaliado. O calendario de exames figura na páxina web da facultade.
As datas oficiais dos exames pódense consultar na web
da facultade na ligazón correspondente http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames |