Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Obradoiro de creatividade artística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado A avaliación será continua, formativa e cualitativa a través do deseño e posta en práctica dos exercicios e proxectos.

Tendo en conta:

Adecuación dos Prazos de presentación de exercicios e proxectos. (Presentación presencias e a través da plataforma FAITIC.)

Coñecemento e comprensión de conceptos e métodos da materia.

Rigor analítico e metodolóxico aplicado na realización dos exercicios e proxectos.

Aptitude creativa. Capacidade expresiva e comunicativa.

Avaliarase positivamente a actitude e a boa disposición para aprender e a participación con interese nas actividades realizadas na aula.
100 C62
D1
D3
D7
D8
D13
D17
D21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
As características da asignatura inciden na necesidade da asistencia á aula(teoría e prácticas), polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. O alumnado que non asista as clases con regularidade deberá poñerse en contacto co docente para establecer un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas de cada alumno/a, debiendo facer  un seguimento activo da materia mediante as titorías e a plataforma virtual.

De non te superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo.


As datas oficiais dos exámenes pódense consultar na web da facultade na ligazón correspondente: http://fcced.uvigo.es/es/docencia/examenes

Convocatoria de xullo:

O alumnado que non supere a materia na convocatoria ordinaria, terá que presentar novamente tódolos traballos realizados durante o curso, así como un exercicio teórico, tendo en conta as observacións para a súa mellora, ampliación, repetición ou adaptación. Para fixar os pormenores de entrega, será imprescindible contactar previamente  co/a docente.
















Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000