As características da asignatura inciden na necesidade da asistencia á aula(teoría e prácticas), polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. O alumnado que non asista as clases con regularidade deberá poñerse en contacto co docente para establecer un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas de cada alumno/a, debiendo facer un seguimento activo da materia mediante as titorías e a plataforma virtual.
De non te superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo.
As datas oficiais dos exámenes pódense consultar na web da facultade na ligazón correspondente: http://fcced.uvigo.es/es/docencia/examenes
Convocatoria de xullo:
O alumnado que non supere a materia na convocatoria ordinaria, terá que presentar novamente tódolos traballos realizados durante o curso, así como un exercicio teórico, tendo en conta as observacións para a súa mellora, ampliación, repetición ou adaptación. Para fixar os pormenores de entrega, será imprescindible contactar previamente co/a docente.
|