Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Metodoloxía e planificación do adestramento deportivo I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Estudo de casos Análise de casos relacionados co adestramento deportivo para coñecelos, interpretalos, reflexionar sobre eles e propoñer solucións alternativa.
Prácticas de laboratorio Adquisición de habilidades básicas e de procedementos relacionados co adestramento deportivo. desenvólvense en espazos con equipamento especializado (pista de atletismo. pabellón deportivo, recta de velocidade, sala de fitness)
Aprendizaxe baseado en proxectos Formularanse problemas ou exercicios concretos relacionados con a selección de capacidades condicionais, os seus métodos para desenvolvelas así como o efecto previsto en cada caso. O alumno debe desenvolver as solución máis adecuada e xustificala
Flipped Learning O estudante recibirá a través da plataforma de teledocencia MOOVI documentación para que poida traballar sobre ela e posteriormente poder expor ao profesor dubidas ou problemas de aprendizaxe relacionada con estes contidos
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e coñecemento científico actualizado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000