Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Fundamentos das actividades de loita
   Recomendacións


 
Outros comentarios
1. Cada semana, o estudantado ten en Moovi os contidos que se impartirán na materia (parte teórica e parte práctica), así como o material (apuntamentos, lecturas, vídeos, etc.) para traballar estes contidos. Para un maior aproveitamento das clases teóricas e prácticas, recoméndase facer uso deste material antes de asistir ás devanditas clases. 2. Formalizar canto antes o grupo en Moovi (entre catro e seis persoas) para a realización do traballo da parte teórica. 3. Estudar e traballar o material da materia de forma continuada, tanto para a realización dos cuestionarios semanais como para a preparación dos diferentes exames. 4. Expor aos profesores da materia todas as preguntas/consultas que se consideren necesarias en cada momento referidas ao temario, prácticas, cuestionarios, traballos, etc. 5. Comunicar ao profesorado as suxestións de mellora da materia. 6. A metade de cuadrimestre comezarán as TITORÍAS PRÁCTICAS. Estas realizaranse fóra do horario lectivo da materia. O día e hora exacta será elixido polo estudantado. Para maior aproveitamento da parte práctica da materia recoméndase asistir ao maior número de sesións posible e levar un dispositivo electrónico para poder acceder ao material situado en Moovi.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000