Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Fundamentos das actividades de loita
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral PARTE TEÓRICA.

Durante algunhas clases teóricas, realizaranse exercicios interactivos en gran grupo onde se concederán puntos da nota final en función da cualificación na devandita actividade.

Avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 10.
8
Resolución de problemas de forma autónoma PARTE TEÓRICA.

Haberá 14 cuestionarios interactivos en Moovi. Cada cuestionario débese aprobar cunha nota mínima dun 8,5 para que se considere superado e compute na nota final. Tras realizar todos os cuestionarios, se hai 4 faltas ou máis (por non realización ou por non superar a nota mínima) perderase a avaliación continua na PARTE TEÓRICA.

Avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe: 1 ,2, 4, 8, 10 e 13.
14
Traballo tutelado PARTE TEÓRICA.

Realización dun traballo en pequenos grupos relacionado coa didáctica das actividades de loita.

Avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 e 8.
5
Prácticas de laboratorio PARTE PRÁCTICA.

Asistencia e realización das 14 clases prácticas da materia no tatami. O estudante que teña 4 faltas ou máis perderá a avaliación continua da parte práctica (e por tanto debe examinarse mediante o procedemento de AVALIACIÓN NON CONTINUA).

Avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe: 1, 2, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11 e 12.
25
Resolución de problemas de forma autónoma PARTE PRÁCTICA.

Haberá 14 cuestionarios interactivos en Moovi. Cada cuestionario débese aprobar cunha nota mínima dun 8,5 para que se considere superado e compute na nota final. Tras realizar todos os cuestionarios, se hai 4 faltas ou máis (por non realización ou por non superar a nota mínima) a puntuación deste apartado será de 0 puntos.

Avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe: 1, 2, 4, 8, 10, 11, 12 e 13.
10
Traballo tutelado PARTE PRÁCTICA.

Realización dun traballo individual relacionado co ensino das caídas. Este traballo terá a cualificación de APTO ou NON APTO. O estudante que obteña a cualificación de APTO seguirá no procedemento de avaliación continua. O estudante que obteña a cualificación de NON APTO automaticamente pasará ao procedemento de AVALIACIÓN NON CONTINUA.

Avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 10 e 11.
0
Exame de preguntas obxectivas PARTE TEÓRICA.

Exame de preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta.

O estudante deberá sacar un mínimo de 4 sobre 10 para que a puntuación do exame compute na cualificación final.

Avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe: 1, 2, 4, 8, 10 e 13.
13
Exame de preguntas obxectivas PARTE PRÁCTICA.

Exame de preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta.

O estudante deberá sacar un mínimo de 4 sobre 10 para que a puntuación do exame compute na cualificación final.

Avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe: 1, 2, 3, 4, 8, 10, 11, 12 e 13.
10
Exame oral PARTE PRÁCTICA.

Examen práctico, procedimental, sobre los contenidos de la asignatura en el tatami. Cada estudiante debe llevar un uke (compañero o compañera) al examen.

El estudiante deberá sacar un mínimo de 4 sobre 10 para que la puntuación del examen compute na calificación final.

Avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe: 1, 2, 3, 4, 5, 8, 10 y 11.
15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1º CONVOCATORIA (maio-xuño):

Estudantado de AVALIACIÓN CONTINUA (cualificacións e CRITERIOS DE AVALIACIÓN para cumprir a avaliación continua):

  • Parte TEÓRICA (40% da nota final).
    • Realización de exercicios
      interactivos en gran grupo
      durante algunhas clases teóricas a través da app Kahoot, onde se concederán
      puntos da nota final en función da cualificación en devandita
      actividade. Estes exercicios supoñen o 8%.  
    • Cuestionarios
      interactivos en Moovi da PARTE TEÓRICA
      . A cualificación dos cuestionarios
      supón un 14%. Haberá 14 cuestionarios. Cada cuestionario débese aprobar cunha nota mínima dun
      8,5 sobre 10 para que se considere superado e compute na nota final. Tras realizar todos os cuestionarios, se o estudante ten 4 faltas ou máis (por non realización ou por non superar a nota mínima) deixará de ser avaliado polo procedemento de avaliación continua e automáticamente pasará a ser avaliado mediante o procedemento de avaliación NON continua.
    • Traballo tutelado sobre Unidade Didáctica. A cualificación deste
      traballo supón un 5%. Consistirá en realizar un traballo en pequenos grupos
      relacionado coa didáctica das actividades de loita.
    • Exame de preguntas
      obxectivas
      . A cualificación supón un 13%. Consiste nun exame de preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta da parte teórica da materia. O estudante deberá sacar un mínimo de 4 sobre 10 para que a puntuación do exame compute na cualificación final. Suspender este exame (con menos dun 4) non implica perder a avaliación continua.
  • Parte PRÁCTICA (60% da nota final):
    • Asistencia e REALIZACIÓN
      das clases prácticas no tatami
      . A cualificación das mesmas supón un
      25%. O estudante que teña 4 faltas ou máis deixará de ser avaliado polo
      procedemento de avaliación continua e automáticamente pasará a ser avaliado mediante o procedemento de avaliación NON continua. O estudante que asista á práctica, pero NON
      realice a práctica, non lle computará como unha falta de asistencia, pero si terá unha cualificación de cero en dita sesión.
    • Cuestionarios interactivos
      en Moovi da PARTE PRÁCTICA.
      A cualificación dos cuestionarios
      supón un 10%. Haberá 14 cuestionarios. Cada cuestionario débese aprobar cunha nota mínima dun 8,5 sobre 10 para que se considere superado e compute na nota final. Tras realizar todos os cuestionarios, se o estudante ten 4 faltas ou máis (por non realización ou por non superar a nota mínima), a puntuación deste apartado será de 0 puntos.
    • Traballo tutelado sobre as caídas. Consistirá en realizar un traballo individual sobre o proceso de ensino-aprendizaxe das caídas nas actividades de loita. A cualificación deste
      traballo será de APTO ou NON APTO. O estudante que obteña a cualificación de APTO seguirá no procedemento de avaliación continua. O estudante que obteña a cualificación de NON APTO automáticamente pasará ao procedemento de VALIACIÓN NON CONTINUA.    
    • Exame de preguntas
      obxectivas
      . A cualificación supón un 10%. Consiste nun exame de preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta da parte práctica da materia. O estudante deberá sacar un mínimo de 4 sobre 10 para que a puntuación do exame compute na cualificación final. Suspender este exame (con menos dun 4) non implica perder a avaliación continua.
    • Exame oral. A cualificación supón un 15%. Consiste nun exame sobre os aspectos procedimentais da materia que se desenvolverá no tatami. Cada estudante acudirá ao exame co judogi e cun uke (compañeiro ou compañeira). O estudante deberá sacar un mínimo de 4 sobre 10 para que a puntuación do exame compute na cualificación final. Suspender este exame non implica perder a avaliación continua.
  • A cualificación global da materia obterase realizando a suma de ambas as partes (teórica e práctica). Un estudante supera a materia cando obteña un mínimo de cinco
    sobre dez. 

    Se na primeira convocatoria (maio-xuño), un estudante perde a avaliación continua nunha das partes, deberá presentarse mediante o procedemento de avaliación non continua nesa parte da materia.

Estudantado de AVALIACIÓN NON CONTINUA (para o estudantado que non cumpre os criterios da avaliación continua):

  • Parte TEÓRICA. A avaliación se realizarase mediante unha
    proba final correspondente aos temas impartidos durante o curso: exame
    de preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta. O estudantado terá que obter un cinco sobre
    dez no exame. Esta cualificación supoñerá o 40% da cualificación global.
  • Parte PRÁCTICA. A avaliación efectuarase mediante DÚAS
    probas prácticas finais. 1) exame de preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta sobre os
    contidos prácticos (supón o 30%). 2) exame teórico-práctico oral e
    no tatami cun compañeiro/a, correspondente aos temas impartidos durante
    o curso (supón o 30%). O estudantado terá que obter un cinco
    sobre dez en ambas probas. Cumprida esta condición, a cualificación global da
    parte práctica supoñerá o 60% da cualificación global.
  • A cualificación final da materia obterase realizando a suma de ambas partes (teórica e práctica). Un estudante supera a materia cando obteña un minimo de cinco sobre dez coa condición de que supere as dúas partes. 

2º CONVOCATORIA (xuño-xullo):

Se un estudante perde a avaliación continua nunha das partes, pero mantén a avaliación continua na outra, gardarase esta cualificación positiva até a seguinte convocatoria de xuño-xullo (non se gardará para posteriores convocatorias). A parte non superada avaliarase conforme se indica no procedemento de avaliación non continua.

Se o estudante non seguiu o proceso de avaliación continua en ningunha das dúas partes, será avaliado polo procedemento de avaliación non continua explicado anteriormente.


CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA:

O estudantado será avaliado polo procedemento de avaliación non continua explicado anteriormente.


Publicación das
cualificacións e exames oficiais


As cualificacións de cada convocatoria serán publicadas en Moovi, onde se indicarán
as datas de revisión dos exames.

As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade na apartado
"Docencia - Exames". 
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000