Guia docente 2019_20
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Fundamentos das actividades de loita
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2019_20
Materia Fundamentos das actividades de loita Código P02G050V01205
Titulacion
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 OB 1 2c
Lingua impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas especiais
Coordinador/a
Gutierrez Santiago, Alfonso
Correo-e ags@uvigo.es
Profesorado
Gutierrez Santiago, Alfonso
Web
Descrición xeral A materia «Fundamentos das actividades de loita» impártese no segundo cuadrimestre do primeiro curso do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

Nesta materia proporciónase unha visión xeral dos deportes e actividades de loita. Desde unha perspectiva teórica, abórdanse as diferentes concepcións actuais máis significativas referentes ao ámbito dos deportes de loita desde un punto de vista xeral e, desde unha perspectiva práctica, realízase un percorrido a través dos deportes de loita con agarre, facendo especial fincapé no judo.

Así mesmo, esta materia é fundamental dentro do plan de estudos da titulación impartida na Universidade de Vigo, posto que é a única, dentro deste, onde o alumnado ten a oportunidade de obter os coñecementos necesarios sobre o ámbito dos deportes de loita, imprescindibles na formación dun Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000