Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos videográficos
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Obradoiro A atención personalizada neste ámbito leva a cabo de forma presencial; desenvólvese directamente no taller, o estudio ou o laboratorio de audiovisuais durante o horario programado para as prácticas de aprendizaxe impartidas polos docentes. Ten carácter teórico e práctico.
Traballo tutelado O alumnado, individualmente ou en grupos (máximo 5 persoas), desenvolve nos laboratorios e talleres audiovisuais a realización de diversas prácticas de creación audiovisual, relacionadas co temario e as problemáticas analizadas durante a impartición da materia, conducentes á formulación dun proxecto persoal de arte audiovisual. Así mesmo realizará un traballo de documentación do proceso de creación levado a cabo durante o desenvolvemento do proxecto persoal de arte audiovisual conseguido. 1º PRÁCTICA. (Vídeo-instalación): Realización dunha obra baseada na interacción da imaxe audiovisual videográfica e o uso de obxectos e materiais físicos. (Será realizada nas 4 primeiras semanas do cuadrimestre)
Traballo tutelado O alumnado, individualmente ou en grupos (máximo 5 persoas), desenvolve nos laboratorios e talleres audiovisuais a realización de diversas prácticas de creación audiovisual, relacionadas co temario e as problemáticas analizadas durante a impartición da materia, conducentes á formulación dun proxecto persoal de arte audiovisual. Así mesmo realizará un traballo de documentación do proceso de creación levado a cabo durante o desenvolvemento do proxecto persoal de arte audiovisual conseguido. 2º PRÁCTICA. (Vídeo-instalación): Realización dunha obra baseada en crear, mediante os recursos da imaxe audiovisual videográfica, unha intervención nun espazo físico, transformándoo en espazo mental, orientado a ser a forma dunha idea. (Será realizada nas 4 semanas centrais do cuadrimestre)
Traballo tutelado O alumnado, individualmente ou en grupos (máximo 5 persoas), desenvolve nos laboratorios e talleres audiovisuais a realización de diversas prácticas de creación audiovisual, relacionadas co temario e as problemáticas analizadas durante a impartición da materia, conducentes á formulación dun proxecto persoal de arte audiovisual. Así mesmo realizará un traballo de documentación do proceso de creación levado a cabo durante o desenvolvemento do proxecto persoal de arte audiovisual conseguido. 3º PRÁTICA. Realización dun proxecto persoal de arte audiovisual. (Vídeo Monocanal ou Vídeo- instalación): Realización dunha obra de enfoque persoal onde aplicar e demostrar os coñecementos apresos até o momento na materia; será presentada como obra final e deseñada para ser exposta segundo as necesidades dun evento expositivo. Acompáñase dun traballo de documentación do proceso de creación levado a cabo. (Será realizada nas 7 semanas finais do cuadrimestre)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000