Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos de escultura e instalacións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral A avaliación do dominio dos obxectivos e dos contidos extráese da comprensión que o alumnado fai explícita coas súas argumentacións durante as correccións e especialmente na presentación final da documentación dos resultados dos 5 traballos propostos. 20 B2
C1
C7
C33
C36
C39
Obradoiro Elaboración e presentacións dos procesos e resultados dos traballos 3 e 4 desenvolvidos no taller. Seguimento individualizado dos procesos e resultados obtidos en coherencia cos obxectivos (complexidade, coherencia das articulacións, manexo de dispositivos, integración dos contextos espaciais e comprensión do rol do espectador) en cada unha das propostas. 30 B3
C5
C6
C19
C20
C27
C31
C45
C47
Traballo tutelado Proxecto para un espazo. Seguimento individualizado dos procesos e resultados obtidos en coherencia cos obxectivos. Memorias de documentación do proxecto. Son valores a ter en conta: 1. Descrición e interese proxecto; a coherencia da documentación co traballo presentado, a brevidade, claridade nas descricións, calidade dos debuxos, esquemas, fotografías, animacións, textos, etc. 2.A viabilidade do proxecto. 3.A adecuación do proxecto ao espazo elixido. 20 C19
C20
C27
C31
C32
C43
C44
C47
Actividades introdutorias Elaboración e presentacións dos procesos e resultados dos traballos 1 e 2 desenvolvidos no taller. Seguimento individualizado dos procesos e resultados obtidos en coherencia cos obxectivos (complexidade, coherencia das articulacións, manexo de dispositivos, integración dos contextos espaciais e comprensión do rol do espectador) en cada unha das propostas. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Criterios de avaliación. Teranse en conta os seguintes factores:

1. A implicación do alumnado nas actividades docentes. 2. A súa capacidade de manexo dos contidos. 3. A xestión dos materiais e procedementos utilizados no taller. 4. O seu interese e eficacia para levar ao límite as reflexións e as propostas elixidas. 4. Valorarase especialmente a incidencia positiva ou negativa do seu traballo en relación á dinámica do grupo.

A avaliación é continua. Ao final do período docente cada alumno exporá a documentación dos traballos realizados durante o curso. Para aqueles membros do alumnado que teñan 5 faltas sen xustificar -sempre que non concorran circunstancias excepcionais- e para os que non satisfagan os obxectivos ao longo do curso, prevese el exame correspondente á convocatoria extraordinaria de xullo e fin de carreira. Nesta proba, presentaranse todos os traballos desenvolvidos ao longo do curso así como a presentación dun dossier en PDF coa súa documentación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000