Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos de escultura e instalacións
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Percorridos teóricos introductorios. Presentación dalgúns dos contidos como enunciados e obxectivos que se van a desenvolver. Exposición por parte do profesorado das bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que vai desenvolver o alumnado.
Obradoiro Exercicios 3 e 4. Actividades enfocadas á adquisición de coñecementos e habilidades de manipulación e instrumentais sobre unha temática concreta, con asistencia específica por parte do profesorado ás actividades individuais que desenvolve o alumnado. Aumento do control dos medios utilizados na instalación, do espazo e da experiencia do espectador.
Seminario Correccións colectivas dos resultados parciais e dos proxectos desenvolvidos. Os contidos aparecen aquí como o catálogo de problemas recoñecidos desde a experiencia do taller.
Traballo tutelado Proxecto para un espazo. O alumnado, de maneira individual, elabora un proxecto sobre a temática da materia. Trátase, xeralmente, dunha actividade autónoma do alumnado que inclúe a busca e recollida de información, elaboración de materiais e presentación dos resultados.
Actividades introdutorias Exercicios 1 e 2. Actividades encamiñadas a expor a planificación do curso, tomar contacto co grupo, a introducir os campos de problemas da materia e á abordaxe do problema do espazo específico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000