Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos de arte de acción
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballo tutelado Os alumnos traballan de xeito individual na aula baixo o seguimento continuo por parte do profesor. Durante o curso, o profesor fará unha orientación crítica do traballo do alumno, respectando os intereses fundamentais do proxecto creativo do alumno. Alén destas tarefas, no traballo de aula tamén se proporán outro tipo de actividades como visualización e comentario crítico de vídeos, comentarios abertos sobre a evolución dos proxectos dos alumnos, etc.

Obradoiro Seminarios ou obradoiros de duración curta a cargo dun profesional de prestixio dentro da área de coñecemento. Estes seminarios poden incluír conferencias, así como outro tipo de metodoloxías de índole máis práctica.
Saídas de estudo Durante o curso realizarase unha visita, xunto ao profesor, a un centro de arte, comunidade de artistas, agrupacións, estudo de artista, etc. Como regra xeral, visitaranse exposicións, eventos e artistas cuxa traxectoria teña que ver con algún dos temas propostos nos contidos desta guía docente.

Debate Durante o transcurso do curso, proporanse diferentes debates arredor da performance. Os debates poderán partir do visionado de vídeos, artigos de revistas especializadas ou fragmentos dalgún dos libros recomendados na bibliografía.
Estudo de casos
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000