Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos de arte de acción
   Contidos
Tema Subtema
Performance e performatividade Analise
Evolución histórica dende as vangardas
Xurdimento da práctica a partires dos anos 50 (S. XX)
Performance e contemporaneidade
Estudio de casos
Relación entre a performatividade e outras disciplinas artísticas Performance e fotografía
Performance e video
As artes escénicas: desvíos e limites coa performance
Recursos fundamentais da performance: corpo, tempo e espazo. O CORPO: aproximación á presenza do corpo entendida como soporte da práctica artística contemporánea.
O corpo como instrumento comunicativo na performance.
O corpo como axente e o corpo como materia.
A importancia do corpo noutros procesos artísticos de carácter performativo.

O TEMPO: a consciencia do tempo subxectivo. Relación tempo-espazo.
O tempo como elemento construtivo da performance: casos de estudo fundamentais.
Tempo real e tempo virtual na arte da performance

O ESPAZO: o contexto espacial como axente activo de significado.
Sentir e crear o espazo.
Os espazos heteroxéneos da performance.

Periferias da performance A pesar de que a performance é unha práctica que normalmente non se produce e presenta mediante as institucións oficiais da arte (galería, museo, organismo institucional/gobernamental) ten unha presenza cada vez máis importante no panorama oficial das artes visuais dentro do que poderíamos denominar o primeiro mundo.

Neste bloque temático analizaremos e observaremos o comportamento daquelas prácticas performativas que teñen lugar fóra deste panorama primeiromundista. A través deste estudo tentaremos localizar as diferenzas, particularidades ou semellanzas que existen entre a performance dos centros e a performance que se produce no que, dun xeito xeral, se pode denominar periferia artística. Para abordar esta análise deberemos entender o concepto «periferia» nun sentido amplo que transcende o puro límite xeográfico.

Este apartado abarca tamen a performance que ten como preocupacions esenciais temáticas de orientación LGTBIQ+
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000