Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Arte, natureza e medio ambiente
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
B6 Capacidade de traballar en equipo.
B7 Capacidade de integración en grupos multidisciplinares. Capacidade de colaboración con profesionais doutros campos
B10 Capacidade heurística e de especulación para a resolución de problemas, a realización e novos proxectos e estratexias de acción.
B14 Sensibilidade en temas ambientais.
B16 Compromiso ético profesional.
C1 Comprensión crítica da historia, teoría e discurso actual da arte. Comprender de xeito crítico a historia, teoría e discurso actual da arte. Asimilación analítica dos conceptos nos que se sustenta a arte
C2 Comprensión crítica da evolución dos valores estéticos, históricos, materiais, económicos e conceptuais. Analizar a evolución dos valores da arte desde unha perspectiva socioeconómica e cultural
C5 Coñecemento da teoría e do discurso actual da arte, así como o pensamento actual dos artistas a través das súas obras e textos. Actualizar constantemente o coñecemento directo da arte a través dos seus propios creadores
C6 Coñecemento do vocabulario, códigos, e dos conceptos inherentes ao ámbito artístico. Coñecer a linguaxe da arte
C8 Coñecemento das diferentes funcións que a arte adquiriu a través do desenvolvemento histórico. Estudar a evolución do papel da arte a través do tempo
C9 Coñecemento de métodos de produción e técnicas artísticas. Analizar os procesos de creación artística
C14 Coñecemento dos instrumentos e métodos de experimentación en arte. Aprendizaxe das metodoloxías creativas asociadas a cada linguaxe artística
C19 Capacidade para identificar e entender os problemas da arte. Establecer os aspectos da arte que xeran procesos de creación.
C20 Capacidade de interpretar creativa e imaxinativamente problemas artísticos. Desenvolver os procesos creativos asociados á resolución de problemas artísticos
C22 Capacidade de producir e relacionar ideas dentro do proceso creativo
C29 Capacidade de iniciativa propia e de automotivación
C30 Capacidade de perseveranza. Desenvolver a constancia necesaria para resolver as dificultades inherentes á creación artística
C31 Capacidade para xerar e xestionar a produción artística. Saber establecer a planificación necesaria nos procesos de creación artística.
C33 Capacidade de colaboración con outras disciplinas. Desenvolvemento de vías de relación e intercambio con outros campos de coñecemento
C42 Habilidades para a creación artística e capacidade de construír obras de arte. Adquirir as destrezas propias da práctica artística
C43 Habilidade para establecer sistemas de produción. Desenvolver estratexias aplicadas ao exercicio sistemático da práctica artística
C44 Habilidade para realizar, organizar e administrar proxectos artísticos innovadores
C49 Habilidades interpersoais, conciencia das capacidades e dos recursos propios para o desenvolvemento do traballo artístico
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000