Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Pintura
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Desenvolver o sentido da materia para que a aprendizaxe sexa unha actividade significativa para o alumno e poida ter un alcance do programa cos seus obxectivos e contidos. Espazo que atende á función de darlle coherencia aos fundamentos de natureza teórica dirixidos á produción artística crítica.
Presentación Espazo para a exposición de propostas de traballo que supón establecer a relación íntima entre teoría e produción artística, ao tempo de estimular a capacidade de ordenación argumental, así como a verbalización de conceptos e pensamento. Consideración da corrección e pertinencia das propostas de traballo recibidas de cada alumno, así como de establecer o ordenamento dos procesos de produción.
Traballo tutelado Espazo para establecer relacións entre o coñecemento novo e o que xa posúen o alumno e máis o grupo na consideración de que o coñecemento non é un produto individual, senón social. Espazo material de produción mediante recursos para a comprobación que atenden ás resolucións técnicas que definen o oficio. Abrir o proceso de correlación entre presupostos teóricos, ideolóxicos, discursivos, etc., e os aspectos de materialidade formal.
Resolución de problemas Durante as sesión prácticas o docente asiste los estudiantes para resolver problemas de toda índole..
Debate Espazo para a argumentación e verbalización crítica de aspectos controvertidos, teóricos e sociais que se dean no ámbito ideolóxico, conceptual ou plástico, relativos á natureza do exercicio e á súa produción artística. Vai dirixido á participación colectiva.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000