Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Técnicas gráficas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposicións teóricas acerca dos principios referentes á obra gráfica: pensamentos e procedementos.
Apoio audiovisual: procedementos técnicos e visualización de obras.
- Historia da Arte e creación contemporánea.
- Visualización de traballos de alumnos anteriores.
Aprendizaxe baseado en proxectos Seguimento individual e en grupo:
- dos pre-proxectos e dos bosquexos (caderno de campo)
- do proxecto teórico (marco conceptual e referencias doutros artistas). Orientación bibliográfica da planificación e produción do proxecto (realización da/s matrices, proceso de estampaxe e presentación final).
Prácticas de laboratorio - Demostración práctica dos diferentes procedementos.
- Seguimento da realización da/s matriz/ces e da súa modificación-evolución (a prancha perdida e novas pranchas complementarias)
- Seguimento dos procesos de estampaxe (estampaxe dos diferentes estados da/s matriz/ces e variacións con diferentes recursos).
- Recomendacións para a presentación final.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000