Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Técnicas gráficas
   Contidos
Tema Subtema
I. Gravado e estampa. Principios referentes á obra gráfica.
- Introdución aos procedementos e pensamentos propios das técnicas gráficas para a creación de imaxe múltiple e seriada. Noción de obra orixinal múltiple.
- Aproximación aos conceptos de gravar, incidir, recordar, escribir, debuxar, deixar pegada, etc. - Historia, vocación e evolución das técnicas gráficas.
- Terminoloxía, nomenclatura, etc.
- Explicación dos diferentes procedementos manuais e das súas linguaxes.
- A experimentación e a multiplicación como base dun proxecto gráfico evolutivo. Repetición, transformación, seriación, evolución, etc.
II. Ideación e elaboración dun proxecto gráfico. - Presentación dun proxecto teórico-práctico tendo en conta as características conceptuais da arte gráfica.
- Por que unha obra estampada, reproducible (ou non), múltiple, seriada…?
- Idear un proxecto evolutivo a través da elaboración e transformación da/s matrices e dos diferentes recursos na estampaxe, cun mínimo de dez estampas.
- Elaboración dunha memoria teórica. Elaboración do proxecto:
- Presentación e bosquexos previos
- Investigación teórica e busca de referencias - Planificación da produción.
- Elaboración dun proxecto teórico.
III. Produción – experimentación.
Para a produción dos proxectos valoraranse diferentes recursos apropiados a cada linguaxe e proxecto conceptual, a partir dunha matriz a prancha perdida ou coa combinación de varias matrices e a súa estampaxe con múltiples recursos. Realización dun conxunto ou serie de estampas na idea de proxecto evolutivo (multiplicación-transformación).
Produción (elaboración da/s matrices e a súa estampaxe):
• Xilografía sobre contrachapado, dm ou linóleo. - Proxecto a unha soa cor
- Varias cores a prancha perdida.
- Maneira negra…
• Gravado calcográfico ou procesos directos sobre metal, PVC, metacrilato...
- Punta seca (liña e mancha).
- Maneira negra
- Aditivas. Carborundo. Vernices ou procesos indirectos (por medio de ácidos).
- Augaforte (liña e valores con tramados)
- Técnicas de levantado e augatinta (mancha) ou procesos directos sobre metal, PVC, metacrilato... ou ben técnicas con aditivos, collagraph, sobre cartón, madeira...
- Aglutinantes, adhesivos e materiais de carga. - Efectos e texturas con collage.
• Recursos de estampaxe (en negro e cores)
- Tinguido e limpeza das matrices segundo os resultados buscados (contrastado, entrapado, ton de placa, à la poupée…).
- Re-estampaxe
- Tinguido en oco e relevo, método Hayter.
- Tinguido de modelos, recortes, reservas, chine collé….
- Estampaxe sobre diferentes papeis.
• Elección e preparación dos papeis.
• Secado e prensado.
• Presentación final nunha carpeta. Cada estampa coa su ficha técnica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000