Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Técnicas gráficas
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
B8 Capacidade de iniciativa propia e de automotivación.
C2 Comprensión crítica da evolución dos valores estéticos, históricos, materiais, económicos e conceptuais. Analizar a evolución dos valores da arte desde unha perspectiva socioeconómica e cultural
C5 Coñecemento da teoría e do discurso actual da arte, así como o pensamento actual dos artistas a través das súas obras e textos. Actualizar constantemente o coñecemento directo da arte a través dos seus propios creadores
C6 Coñecemento do vocabulario, códigos, e dos conceptos inherentes ao ámbito artístico. Coñecer a linguaxe da arte
C7 Coñecemento do vocabulario e dos conceptos inherentes a cada técnica artística particular. Coñecer a linguaxe creativa específica
C9 Coñecemento de métodos de produción e técnicas artísticas. Analizar os procesos de creación artística
C12 Coñecemento dos materiais e dos seus procesos derivados de creación e/ou produción. Coñecer os materiais, procedementos e técnicas que se asocian a cada linguaxe artística
C17 Coñecemento dos diferentes axentes artísticos e o seu funcionamento. Identificar os distintos intermediarios artísticos e as súas funcións na dinámica da arte e a súa metodoloxía de traballo
C19 Capacidade para identificar e entender os problemas da arte. Establecer os aspectos da arte que xeran procesos de creación.
C31 Capacidade para xerar e xestionar a produción artística. Saber establecer a planificación necesaria nos procesos de creación artística.
C32 Capacidade de aplicar profesionalmente tecnoloxías específicas. Utilizar as ferramentas apropiadas para as linguaxes artísticas propias
C42 Habilidades para a creación artística e capacidade de construír obras de arte. Adquirir as destrezas propias da práctica artística
C43 Habilidade para establecer sistemas de produción. Desenvolver estratexias aplicadas ao exercicio sistemático da práctica artística
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000