Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Escultura
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia, dos seus obxectivos e das actividades a realizar ao longo do cuadrimestre.
Lección maxistral Sesións teórica destinadas á exposición de contidos teóricos, e á presentación das propostas dos traballos e exercicios a desenvolver na aula.
Traballo tutelado TRABALLO TUTELADO I. Introdución aos problemas da escultura.
Actividade nuclear da materia. Cada estudante resolverá os diferentes traballos e exercicios propostos polo profesorado. Os traballos, que terán un carácter práctico e/ou creativo, deberán realizarse e presentarse na aula; do mesmo xeito que os traballos externos e complementarios a cada un dos exercicios propostos para a introdución aos problemas da escultura:
-Materia/Material.
-Organización/Estrutura.
Traballo tutelado TRABALLO TUTELADO II. Introdución á creación na escultura contemporánea.
Actividade nuclear da materia. Cada estudante resolverá os diferentes traballos e exercicios propostos polo profesorado. Os traballos, que terán un carácter práctico e/ou creativo, deberán realizarse e presentarse na aula; do mesmo xeito que os traballos externos e complementarios a cada un dos exercicios para o desenvolvemento da escultura:
-Escala, Espazo.
-Introdución á creación na escultura contemporánea -exercicio libre-.
Presentación Presentación oral individual dos traballos realizados por cada estudante.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000