Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Expresión gráfica: Sistemas de representación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Toma de contacto cos estudantes e presentación da materia, enumerando os obxectivos que se perseguen, especificando os contidos, explicando a metodoloxía que se empregará e aclarando os criterios e formas de avaliación.
Lección maxistral Explicación dos contidos da materia de forma teórica, con apoio de información gráfica para a súa correcta comprensión.
Resolución de problemas Desenvolvementos de exercicios que axuden a asentar os coñecementos adquiridos nas clases teóricas, con apoio da bibliografía especificada.
Traballo tutelado Desenvolvemento de exercicios prácticos a partir dos coñecementos teóricos da materia obxecto de estudo, baixo a supervisión da profesora, con atención individualizada e posta en común global.
Estudo previo Preparación de exercicios e prácticas coa lectura de bibliografía e co estudo de documentación gráfica de referencia.
Resolución de problemas de forma autónoma Desenvolvemento de exercicios prácticos de forma autónoma partindo das directrices dadas polo profesor e supervisión destes exercicios a sua entrega.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000