Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Expresión gráfica: Sistemas de representación
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
B1 Capacidade de xestión da información.
B2 Capacidade de comunicación. Capacidade para expoñer oralmente e por escrito con claridade problemas complexos e proxectos dentro do seu campo de estudo
C6 Coñecemento do vocabulario, códigos, e dos conceptos inherentes ao ámbito artístico. Coñecer a linguaxe da arte
C9 Coñecemento de métodos de produción e técnicas artísticas. Analizar os procesos de creación artística
C13 Coñecemento básico da metodoloxía de investigación das fontes, a análise, a interpretación e síntese. Analizar, interpretar e sintetizar as fontes
C14 Coñecemento dos instrumentos e métodos de experimentación en arte. Aprendizaxe das metodoloxías creativas asociadas a cada linguaxe artística
C25 Capacidade de (auto)reflexión analítica e (auto)crítica no traballo artístico.
C26 Capacidade de curiosidade e de sorpresa máis para alén da percepción práctica. Desenvolver a percepción mental para alén do retiniano
C36 Capacidade de documentar a produción artística. Utilizar as ferramentas e recursos necesarios para contextualizar e explicar a propia obra artística
C38 Capacidade heurística e de especulación para a realización de novos proxectos e estratexias de acción artísticas. Desenvolver a comprensión e especulación dos problemas artísticos na súa totalidade
C42 Habilidades para a creación artística e capacidade de construír obras de arte. Adquirir as destrezas propias da práctica artística
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000