Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Expresión artística: Materia-Cor
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valorarase a asistencia e a participación nas sesións. 20 C1
C2
C6
Traballo tutelado Valorarase a dedicación e o nivel de implicación en cada traballo, así como a capacidade de aportar solucións creativas. Ademais de valorar capacidades de adaptación do resultado final á formulación inicial proposta, apreciaranse as habilidades adquiridas no manexo formal e conceptual dos materiais e experimentación técnicas. 50 C2
C9
C12
C14
C19
C20
C31
C42
Presentación Consiste na presentación oral do traballo de aula realizado, debiendo argumentarse / xustificarse especificamente a solución adoptada . Valoraranse as capacidades de expresión oral e de transmisión da proposta, sendo fundamental a preparación previa do estudante en cada exposición. 30 C2
C6
C31
C36
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


A asistencia sistemática, a implicación e a participación en clase son factores imprescindibles para a consecución dos obxectivos da materia. A actividade de docencia/aprendizaxe céntrase principalmente na resolución de traballos e exercicios na aula, polo que a asistencia puntual e participación en clase son factores imprescindibles para superar a materia. En consecuencia, e coa metodoloxía citada, establécese un sistema de avaliación contínua pola que cada estudante poderá coñecer a súa situación na adquisición dos obxectivos en relación a cada traballo desenvolvido e presentado. 

No caso de non superar a materia no prazo normal que marca a convocatoria común, a proba extraordinaria consistirá na repetición dos exercicios ou, noutros casos, nun maior desenvolvemento dos exercicios relacionados coas competencias que non foron acadadas no seu nivel mínimo esixido.

O alumnado que non haxa realizado durante o cuadrimestre os 2/3 dos exercicios propostos, na convocatoria extraordinaria deberá levar a cabo un traballo práctico específico, na aula de exame, relativo aos contidos da materia, ademáis de presentar os traballos suspensos ou non presentados levados a cabo durante o curso.

Datas de convocatorias extraordinarias:

http://belasartes.uvigo.es/gl/docencia/exames/


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000