Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Expresión artística: Debuxo-Forma
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Traballo tutelado Atención personalizada no horario de aprendizaxe presencial, no momento no que se realizan as prácticas artísticas na aula.
Debate Debates críticos artísticos como metodoloxía de aprendizaxe presencial. O estudante comparte as súas experiencias de aprendizaxe autónoma, por exemplo, a súa selección particular de lecturas bibliográficas sobre debuxo-forma.
Presentación Participación activa no horario de aprendizaxe presencial, no momento no que se realizan as presentacións de traballos na aula. A través dunha breve exposición o estudante manifesta os seus obxectivos, metodoloxía e resultados ante o profesor e o resto dos estudantes.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000