Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Expresión artística: Debuxo-Forma
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballo tutelado Estreita relación entre teoría e práctica artística. Traballos individuais ou en grupo que potencian a capacidade receptiva e imaxinativa.
Debate Nestes debates compártense as lecturas realizadas durante o curso. Contribución oral/ escrita por parte do estudante acerca da selección particular de libros, catálogos e textos escollidos. Trátase de buscar recursos e fontes diversas para a investigación das cuestións esenciais do debuxo.
Saídas de estudo Visita ao Museo Serralves (Oporto).
Presentación Presentación final que fai o estudante dos traballos de aprendizaxe autónoma. A través dunha breve exposición manifesta os seus obxectivos, metodoloxía e resultados ante o profesor e o resto dos estudantes.
Lección maxistral Exposición dos contidos da materia con proxección de imaxes, cun método analóxico que busca semellanzas e puntos de contacto nas fronteiras do debuxo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000