Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Expresión artística: Debuxo-Forma
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
B2 Capacidade de comunicación. Capacidade para expoñer oralmente e por escrito con claridade problemas complexos e proxectos dentro do seu campo de estudo
C6 Coñecemento do vocabulario, códigos, e dos conceptos inherentes ao ámbito artístico. Coñecer a linguaxe da arte
C7 Coñecemento do vocabulario e dos conceptos inherentes a cada técnica artística particular. Coñecer a linguaxe creativa específica
C9 Coñecemento de métodos de produción e técnicas artísticas. Analizar os procesos de creación artística
C12 Coñecemento dos materiais e dos seus procesos derivados de creación e/ou produción. Coñecer os materiais, procedementos e técnicas que se asocian a cada linguaxe artística
C14 Coñecemento dos instrumentos e métodos de experimentación en arte. Aprendizaxe das metodoloxías creativas asociadas a cada linguaxe artística
C25 Capacidade de (auto)reflexión analítica e (auto)crítica no traballo artístico.
C31 Capacidade para xerar e xestionar a produción artística. Saber establecer a planificación necesaria nos procesos de creación artística.
C36 Capacidade de documentar a produción artística. Utilizar as ferramentas e recursos necesarios para contextualizar e explicar a propia obra artística
C42 Habilidades para a creación artística e capacidade de construír obras de arte. Adquirir as destrezas propias da práctica artística
C43 Habilidade para establecer sistemas de produción. Desenvolver estratexias aplicadas ao exercicio sistemático da práctica artística
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000