O/a estudante terá dereito a optar pola avaliación global ou continua segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. ------------------------------------------------------------ Avaliación continua: No caso de optar por esta opción, o alumnado deberá entregar os ítems indicados, en tempo e forma, polo profesorado da materia para aprobala en primeira oportunidade, sendo a porcentaxe de cada entregable o indicado na tabla anterior. A nota media final debe ser superior ou igual a 5 para superar a materia. As prácticas de laboratorio entregaranse en forma de informe escrito reducido a avaliar polo profesorado. Para a avaliación do traballo tutelado, entregarase un informe detallado por grupo de todo o proceso e os resultados obtidos polos/as estudantes e cada grupo realizará unha exposición oral do traballo realizado. Os exames parciais realizaranse presencialmente en horario lectivo en formato escrito, con preguntas de resposta curta e pequenos problemas relacionados cos conceptos da parte da materia avaliada. En cada un dos ítems presentados, precisarase dunha nota mínima de 4/10 para poder aprobar a materia por avaliación continua en primeira oportunidade. Alén diso, a nota media dos dous exames parciais debe ser dun 4,5/10 como mínimo. De non acadar os mínimo, a nota reflexada en actas será a nota ou ben do primeiro parcial ou da media de ambos. De non superar esta primeira oportunidade, as consecutivas (segunda oportunidade ou final de carreira) consistirán nun exame global que corresponderá ao 100% da materia e faranse nas datas oficiais de exame da Escola. Será preciso acadar unha nota mínima de 5 para aprobar a materia. Non se gardarán notas entre distintas convocatorias. ------------------------------------------------------------ Avaliación global: De non optar pola avaliación continua, as datas oficiais de exame en todas as convocatorias (primeira oportunidade, segunda oportunidade ou final de carreira) utilizaranse para que o/a estudante realice un exame global da materia. A cualificación de devandito exame corresponderá ao 100% da materia, sendo preciso acadar unha nota mínima de 5/10 para aprobala. Non se gardarán notas parciais entre distintas convocatorias. ------------------------------------------------------------ O calendario das probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE está publicado na páxina web: http://aero.uvigo.es/es/docencia/examenes/ |