Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Máster Universitario en Enxeñería Aeronáutica
 Materias
  Cálculo avanzado de estructuras aeroespaciales
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Exame baseado na resolución de problemas e/ou preguntas conceptuais
sobre os contidos da materia. Será en data de exame oficial. Nota
mínima de 5.0.
40 A1
A6
A8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación de primeira oportunidade

Para superar a asignatura na 1ª oportunidade será necesario obter unha cualificación superior a 5 puntos sobre 10 na valoración conxunta da avaliación continua durante o desenvolvemento das clases e o exame na data oficial. Ademais, a cualificación do exame na data oficial debe ser superior ou igual a 5 puntos sobre 10. A cualificación final da avaliación continua obterase de acordo cos porcentaxes indicados.

Para a avaliación global, realizarase un exame no día da data oficial, que inclúe todos os contidos da asignatura, incluíndo os contidos e métodos utilizados nos casos de estudo. A cualificación dese exame para superar a asignatura será de 5 puntos sobre 10.

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE publicase na web:

http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

As probas de avaliación continua realizaranse dentro do horario lectivo.

O estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro para cada convocatoria.

Avaliación de segunda oportunidade

O estudantado deberá presentarse ao exame de segunda convocatoria de todos os contidos da asignatura, que suporá o 100% da nota, se a nota final de avaliación continua é menor de 5 puntos sobre 10. Tamén terá que presentarse ao exame de segunda convocatoria nos seguintes supostos:

  • Obter unha nota inferior a 5 puntos sobre 10 no exame final de primeira oportunidade.

No caso de obter unha cualificación maior ou igual a 5 no exame de segunda oportunidade, a cualificación final da asignatura será a maior nota entre:

  • a nota do exame de 2ª convocatoria,
  • a media das actividades realizadas durante o curso (promediando cos porcentaxes da táboa de avaliación, substituíndo a nota do exame de primeira convocatoria pola do exame de segunda convocatoria).

Avaliación de fin de carreira

Para a avaliación de fin de carreira, realizarase un exame no día da data oficial, que inclúe todos os contidos da asignatura. A cualificación dese exame para superar a asignatura será de 5 puntos sobre 10.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000