Tutorías no despacho do profesor ou profesora ou no software de docencia remota. É recomendable acudir a estas tutorías cando aparezan dificultades no desenvolvemento do traballo tutelado, ou cando o tempo dedicado ás actividades non presenciais supere notablemente o tempo fixado na planificación.
Prácticas con apoio das TIC
O profesorado supervisará o nivel de entendemento do estudantado, asistíndoo en dúbidas particulares, posibles erros de deseño e melloras.