Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Enxeñaría eléctrica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Prácticas de laboratorio Valorarase positivamente a realización das prácticas e a resolución dun cuestionario referido á montaxe, resultados obtidos e interpretación dos mesmos.
A realización de cada práctica e presentación do informe de prácticas valorarase entre 0 e 10 puntos. Para iso é imprescindible asistir á práctica o día e hora fixados ao inicio do curso. Non haberá recuperación de prácticas. A avaliación do conxunto de prácticas é a media aritmética das puntuacións obtidas. A non presentación dun informe de prácticas, conlevará a nota de cero puntos na mesma.
Unha vez realizada cada práctica fixarase o seu prazo de presentación.
20
CE17
CT1
CT3
CT4
CT5
CT6
CT8
Resolución de problemas de forma autónoma Realizaranse probas escritas e/ou traballos para evaluar a resolución de problemas de forma autónoma, ó longo do período de docencia.
10
CG1
CE17
CT1
CT4
CT5
CT8
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase un exame xeral con dúas seccións, unha correspondente aos contidos de teoría de circuítos e a outra correspondente aos de máquinas e instalacións eléctricas, que poden incluír tanto cuestións teóricas como exercicios de aplicación.
Cada sección valorarase de 0 a 10 puntos. A cualificación final deste exame calcularase mediante a media aritmética de ambas seccións. Aínda que esixirase un mínimo dun 3 en cada unha das partes para poder superar a materia.
Tamén se realizará unha proba parcial, correspondente á parte de Teoría de Circuítos (Tema II do apartado de Contidos). Para superar esta proba parcial, a nota obtida será igual ou superior a 5 puntos sobre 10, e terán dúas opcións para presentarse ao exame final:
- Só á segunda sección: máquinas e instalacións eléctricas (Tema III e IV do apartado de Contidos). Neste caso conservarase a nota do exame parcial.
- Facer o exame completo (dúas seccións), de querer subir nota na primeira sección. Neste caso, a puntuación corresponderase coa obtida en cada unha das seccións do exame completo, non conservándose a nota do exame parcial.
En caso de non realizarse a proba parcial ou non superala o alumno, aplicarase directamente o parágrafo 1 e 2 deste mesmo apartado (exame xeral).
70
CG1
CG4
CE17
CT1
CT3
CT4
CT5
CT8
CT13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O calendario de probas de avaliación  atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames.

Consideraráse por defecto que o/as estudantes seguen a materia na modalidade presencial. No caso de estudantes que queiran acollerse a unha modalidade non presencial, por circunstancias como ter responsabilidades laboráis ou outras que poidan ter unha consideración similar, deberán porse en contacto có responsable da materia. Esto/as estudantes deberán aducir motivos razoables e probados para tal elección e se lles indicará, en función de cada caso, como deben cursar e examinarse da metodoloxía de "prácticas de laboratorio" e "resolución de problemas de forma autónoma". O resto da evaluación será igual que para o/as estudantes presenciais.

A nota final
obtense pola media ponderada dos ítem anteriores:

Nota = 0,10 x Resolución
problemas de forma autónoma + 0,20 x Prácticas + 0,70 x Exame

De acadarse nalgunha das partes do exame xeral unha nota inferior a 3, aínda que a nota final sexa superior a 4,5 puntos, a nota máxima obtida será de 4,5 puntos.

A asistencia ás
prácticas e a resolución de problemas de forma autónoma son actividades de
avaliación continua.

O profesorado desta materia considera xustificado que o
alumnado poida presentarse a un exame final tendo opcións de aspirar á máxima
cualificación posible, por tanto aqueles alumnos que desexen mellorar a
cualificación correspondente á avaliación continua
poderán presentarse a un
exame adicional a continuación do exame xeral, no que se incluirán preguntas relativas
aos contidos da docencia das prácticas de laboratorio e resolución de problemas de forma autónoma, avaliable entre 0 e 10
puntos, e que poderá supor ata un 30% da cualificación final. En caso de
realizalo, a cualificación que se terá en conta para valorar as actividades de
avaliación continua será a do exame adicional.

Para a segunda
oportunidade de Xuño - Xullo
mantense a última cualificación na avaliación
continua
obtida durante o propio curso, é dicir, ou ben a obtida polas
actividades regulares ou a do exame adicional se se realizou, sen prexuízo de
que, do mesmo xeito que na primeira oportunidade de Decembro, poida ser superada
pola realización do exame adicional que se propoña a ese efecto. A cualificación
que se terá en conta para valorar as actividades de avaliación continua, será a
da última nota alcanzada.

En canto ás notas
obtidas na proba parcial ou no exame final de Decembro
, conservarase para a convocatoria de
Xuño-Xullo, aquela sección superada na que se obtivera unha cualificación igual
ou maior de 5 puntos sobre 10. Podendo presentarse:

 - Só á sección non superada. Neste caso
conservarase a nota da sección xa superada.

- Facer o exame
completo (dúas seccións), de querer subir nota na sección xa superada
anteriormente. Neste caso, a puntuación corresponderase coa obtida en cada unha
das seccións do exame completo, non conservándose a nota da sección superada.

Cada nova
matrícula
na materia supón unha posta a cero de todas as cualificacións obtidas
en cursos anteriores.

Segundo a normativa da Escola: A
duración máxima dun exame será de 3 horas se non hai pausa ou de 5
horas se hai unha pausa intermedia (sendo 3 horas o máximo para cada
parte). Por tanto:

- a duración máxima do exame xeral será de 3 horas (correspondente a 1,5 h cada sección)

- de presentarse o alumno ao exame adicional correspondente á parte de avaliación continua, realizarase unha vez rematado o exame, tras unha pausa, e a súa duración máxima será de 1,5 horas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000