Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Enxeñaría eléctrica
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polos estudantes e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
No caso de docencia virtual ou mixta, mantéñense as mesmas metodoloxías docentes que en docencia presencial utilizando os medios telemáticos que a Universidade pon a disposición do profesorado e dos estudantes (moovi, Campus Remoto e/ou Campus Integra, etc.)

* Metodoloxías docentes que se modifican
En función da situación de alerta sanitaria provocada polo COVID-19, os grupos de prácticas de laboratorio de forma presencial, axustaranse aos límites de aforo que estableza a Universidade de Vigo para o laboratorio.
De non ser viable a súa realización no laboratorio, substituiranse por prácticas de simulación cos programas Matlab/Simulink/Simscape/Simpcape Eléctrico.


* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As tutorías, en caso de docencia virtual ou mixta, desenvolveranse de forma telemática mediante o uso das ferramentas dispoñibles para o profesorado e os estudantes (moovi, correo electrónico, Campus Remoto, Campus Integra, teléfono, etc.)

* Modificacións (de proceder) dos contidos a impartir
Ningunha

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Non se considera necesaria, ademais da bibliografía xa especificada, facilítanse problemas resoltos e de autoevaluación a través de moovi.

* Outras modificacións
Ningunha

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
As probas presenciais realizadas manteñen o seu valor e peso na avaliación continua e global.

* Probas pendentes que se manteñen
As probas pendentes de realizarse mantéñense co seu valor e peso na avaliación continua e global, realizándose a través das distintas ferramentas postas a disposición do profesorado e estudantes (moovi, Campus Remoto, Campus Integra, etc.)

* Probas que se modifican
Ningunha

* Novas probas
Ningunha

* Información adicional
Mantéñense os criterios de avaliación adecuados á realización das probas, no caso de ser necesario e por indicación en Resolución Rectoral, usando os medios telemáticos postos a disposición do profesorado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000