Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Empresa: Administración da tecnoloxía e a empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas e/ou exercicios Exames parciais e/ou final sobre contido teórico-práctico da materia 60
CB1
CG2
CG5
CG8
CE6
CT1
CT3
CT4
CT5
Resolución de problemas e/ou exercicios Entrega de exercicios, informes, resolución de problemas e toma de decisións, individual e en grupo (de forma autónoma) 40
CT1
CT3
CT4
CT5
CT6
CT8
CT9
CT10
CT12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A planificación da materia supón a aplicación dun sistema de avaliación continua (asistencia mínima do 80%). Polo que a cualificación final obterase da avaliación dos traballos de aula e realización dun exame final. Para ter en conta ditas cualificacións é necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 no exame final.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola xunta de centro para o curso 2019-2020. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da titulación.

Segunda convocatoria: a nota correspondente aos traballos de aula conservarase durante un curso académico, convocatorias de xuño e xullo. O estudantado non asistente pode participar nun exame final que cobre todo o contido da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000