Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Recomendacións


 
Outros comentarios
NORMAS BÁSICAS DE PRESENTACIÓN A presentación do TFM constitúe un aspecto dunha gran importancia para a comunicación do que se desexa expresar. Recoméndase: • Extensión do documento: entre 50-100 páxinas • Papel e tamaño: O traballo débese presentar en papel branco, liso e de tamaño A4 • Tipo de Letra: Letra tipo Garamond (corpo 14) ou Times New Roman (corpo 12), a cal pode reducir o seu tamaño nos anexos, ilustracións e táboas. Os títulos ou epígrafes deben ir no mesmo tamaño e em negriña. • Espazos: Interliñado de 1,5. Pódese usar espazo simple nos seguintes casos: notas e citas textuais; referencias bibliográficas; índice de ilustracións e táboas; anexos. Utilizarase espazo dobre logo dos títulos ou seccións. • Numeración: Utilizaranse dous tipos de numeración - Números romanos en minúsculas (i, ii, iii, etc.) para as páxinas preliminares, comezando pola páxina da portada, que non se numera pero se considera, e normalmente colocados no centro da marxe inferior de cada páxina sen ningún outro carácter adicional. - Números arábigos para o texto do traballo, comezando desde a introdución ou desde o primeiro capítulo se non hai introdución. Se se presenta en máis dun volume, a paxinación é consecutiva, colocando o número sen ningún outro carácter adicional. As páxinas nas que aparecen cadros e gráficos tamén deben numerarse, e a súa disposición, vertical ou horizontal, non alterará a posición do número de páxina.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000