Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Xénero e Educación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte das profesoras dos temas obxecto da materia.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividades na que o alumnado analiza e/ou resolve situacións ou problemas tomados da realidade educativa, orientadora e laboral, relacionados coa materia
Titoría en grupo Entrevistas que o alumnado mantén coas profesoras individual ou en grupo para recibir asesoramento ou orientación nas actividades programadas na materia.
Traballos tutelados Documentos propostos polas profesoras e elaborados polo alumnado acerca de aspectos teórico/prácticos da materia, de extensión limitada.
Outros Realización de distintas WebQuest nos laboratorios de Informática.
Estudo de casos/análises de situacións Análise de situacións reais, autobiográficas ou non, así como simuladas, nas que se observen condutas sexistas.
Actividades introdutorias Actividades destinadas a coñecer ao alumnado, presentar a materia e dar pautas xerais para a realización de actividades de aprendizaxe e traballos tutelados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000