Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Xénero e Educación
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Comprender os principios básicos dos grandes ámbitos da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar, sendo capaz de decribir e comparar as diferentes correntes teóricas dominantes en cada ámbito da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar
A2 Adquirir habilidades básicas de deseño, aplicación e avaliación de propostas de intervención dirixidas a traballar coa diversidade, valorando especialmente as aportacións innovadoras
A3 Ser capaz de analizar prácticas profesionais relacionadas co tratamento da diversidade, detectando puntos fortes e débiles, con especial énfase nas de carácter innovador
A7 Identificar os servizos de apoio escolares e socio-comunitarios que poden ser de utilidade no ámbito da diversidade
A9 Comprender, analizar e valorar as dimensións éticas e políticas implícitas nos procesos educativos formais e non formais en contextos de diversidade
A10 Relacionar os contidos do mestrado coa experiencia persoal e con situacións educativas reais, mediante a utilización de narracións autobiográficas
A11 Coñecer e aplicar procesos de toma de decisións relacionadas co tratamento da diversidade. Ser capaz de discernir as ideas nas que se fundamentan esas decisións, anticipando tamén os seus efectos
B1 Utilizar as novas tecnoloxías en diferentes contextos: formativos, de investigación, de aplicación profesional, para difundir e compartir ideas, etc.
B3 Adquirir condutas de respecto e de axuda. Ser sensibles a todo tipo de diversidade
B4 Adquirir as habilidades básicas para o debate e a exposición de ideas fundamentadas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000