Guia docente 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Educación de Adultos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Valorarase a actitude e implicación do alumnado sobre a situación obxecto de análise. 10 A4
B2
B3
C12
D4
Traballo tutelado Valorarase a actitude e implicación do alumnado no proceso de realización de diversos traballos, así coma polo resultado acadado. 40 A1
A3
B4
C1
C2
C7
C9
D1
D5
Resolución de problemas Valorarase a implicación e participación do alumnado no desenvolvemento de actividades de aula. 30 A3
B2
D1
D3
D4
Seminario Valorarase a implicación, participación e traballo realizado polo alumnado no seminario. 20 A4
B4
C1
C2
C12
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para a avaliación continua levaranse a cabo as probas e ponderación sinalada anteriormente. Para acollerse ao sistema de avaliación continua será necesaria a asistencia ao 75% das horas de docencia presencial (mínimo 4 sesións). 

SISTEMA DE AVALIACIÓN PARA ALUMNADO NON ASISTENTE 

O alumnado que non supere a materia por avaliación continua disporá dunha/s
proba/s de avaliación global/final, ao redor dos contidos nucleares da materia, coa data tope
que se lle marque en Moovi ou no seu defecto a que figure na web do calendario do mestrado para os exames oficiais. Esta/s proba/s de avaliación suporá/n o 100% da puntuación. Polo tanto, aquel alumnado que non asista polo menos ao 75% da docencia presencial deberá acollerse a este sistema de avaliación global/final. 

As condicións e probas que conforman a avaliación global/final estarán ao dispor do alumnado en MOOVI nun cartafol específico denominado "Avaliación para alumnado non asistente".

O lugar de publicación das calificacións e de revisión será a Plataforma utilizada para teledocencia nesta materia.

As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de
avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso
académico.

OUTRAS OBSERVACIÓNS

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000